Scroll to top

Presentación de “Caderno de cores e cancións” de Magín Blanco en APAMP

O venres 21 ás 11:30h en APAMP celebramos o DÍA DO LIBRO coa presentación de “CADERNO DE CORES E CANCIÓNS” nova publicación de Magín Blanco ilustrada por Sonia García, unha proposta musical na que as persoas de APAMP contribuíron coa creación de dúas das cancións nun obradoiro de cancións realizado na nosa entidade.

“Caderno de cores e cancións é un diálogo entre as músicas, os instrumentos, as rimas e as sonoridades. Un convite a participar nunha viaxe onde as emocións son as protagonistas.”

A presentación terá lugar no salón de actos do centro de día de APAMP en Navia, contará coa presenza de Magín Blanco, que interpretará algunas das cancións do libro, unha persoa representante da Editorial Galaxia e como convidados e convidadas especiais asistirá o alumnado de primeiro de primaria do CEIP Castelao.

Related posts

es_ESES