Scroll to top
Intervención artística urbana

Fora de encadre (2022)

A nosa IV Intervención Artística recibe o nome de Fora de Encadre”. Un proxecto realizado polos homes e mulleres da entidade e que contou coa colaboración de artistas de renome como Din Matamoro, Pilar *Álonso e Teresa Meixide.

“Fora de encadre” ten como idea xeradora, a transformación dun espazo urbano nunha superficie múltiple onde poder intervir plásticamente de maneira colectiva, mesturando poesía, muralismo e arte urbana. “Fóra de encadre” fai referencia ao que está máis aló do cadro, o que non sae na foto, peri que existe igualmente. A posibilidade de imaxinar espazos infinitos, onde non existen barreiras.

Esta intervención está dedicada á poeta Miriam Ferradáns e está situada na rúa Miguel Hernández de Vigo.

 

gl_ESGL