Scroll to top

SER VOLUNTARI@

Acompáñanos no noso camiño para seguir escribindo, a nosa historia e o noso traballo colectivo; queremos construír unha sociedade onde todos teñan cabida.

A túa pegada quedará impresa na historia de APAMP.

¿Por qué ser voluntari@ en APAMP? Un dos nosos voluntarios favoritos, expón as súas razón! Anímaste?

Ponte en contacto coa entidade enviando un correo electrónico a apamp@apamp.org ou a través do teléfono 986294 422

Un día en APAMP. Acompáñanos a coñecer os nosos centros e os talleres artesanais. Podes pasalo día con nós e participar activamente nas nosas actividades.

 

Faladoiros. Colabora realizando unha charla/taller a través da que nos darás a coñecer o teu traballo e como é o que desenvolven os perfís profesionais que confirman a túa entidade (responsable de comunicación, deseño gráfico, community manager…)

Club Deportivo TAMIAR APAMP. Club deportivo da entidade no que se practican dous deportes: boccia e slalom. Ofrecémosche a posibilidade de realizar unha liguiña entre centros, que che permitirá coñecer estes dous deportes ademáis de ser voluntario en adestramentos e competicións deportivas.

 

Actividades de ocio. Podendo acompañarnos nas diferentes actividades e saídas de lecer que se desenvolven na entidade. Un día de praia, visitas ao museo, saías nocturnas, etc.

Campamento Centro de Atención Infantil e Xuvenil. Durante todo o mes de xullo, de luns a venres, o noso centro de atención infantil e xuvenil realiza un campamento de verán. Ofrecémosche a posibilidade de realizar actividades culturais e de lecer cos máis pequenos. As actividades antes mencionadas realízanse de luns a venres de 10 a 17 horas.

 

Viaxes. Ó longo do ano realizamos diversas viaxes por Galicia e por outros puntos de España. Acompáñanos para gozar e compartir grandes momentos e experiencias.

gl_ESGL