Servizo Ocupacional Talleres
Na nosa organización a artesanía é un valor diferencial no traballo do día día. Desde o ano 1978 nos nosos talleres ocupacionais, fomentouse e traballado na adquisición de novas técnicas artesanais sempre desde un punto de vista artístico, como vía ou medio para desenvolver a creatividade.
Os produtos que se elaboran nos nosos talleres son produtos baixo a marca oficial Artesanía de Galicia, que garante a súa calidade e orixe. É un aceno de identidade propia coa que poder ofrecer unha imaxe harmónica, coordinada e representativa dos produtos artesanais galegos en todos os mercados, que serve á súa vez, como garantía de calidade para os nosos clientes.