Scroll to top

Servizos

Servizo Asistencial

O servizo asistencial ten como finalidade responder as necesidades de apoio, de intervención e de aprendizaxe dos homes e mulleres que acoden aos nosos centros, relacionadas coas actividades da vida diaria e a saúde.

Servizo de comedor

Na nosa entidade prestamos servizo de comedor no noso centro de día e ocupacional e no noso centro residencial a través de catro profesionais dunha empresa externa. Desde este servizo servimos a diario máis de 10 comidas que responden as necesidades individuais de cada un dos homes e mulleres que acoden aos nosos centros, cun total de 15 dietas diferentes. Desde a entidade, reforzamos este servizo cun profesional e os equipamentos necesarios adecuados ao servizo para lle elaboración dos menús texturizados que responden as necesidades das persoas con problemas de deglución.

Servizo de emprego

A nosa entidade forma parte do servizo de orientación enmarcado dentro do programa de emprego e formación de Federación ASPACE Galicia. A través deste servizo búscase a integración socio laboral das persoas con parálise cerebral a través da xestión de itinerarios individuais personalizados e mediante a elaboración de informes onde se recollen as características persoais relevantes que permitan medir o seu grao de empregabilidade.

Actualmente 29 son as persoas que se beneficiaron do programa de emprego.

Servizo de pedagoxía

Desde o servizo de atención pedagoxía traballamos co obxectivo de que os homes e mulleres manteñan e/o melloren, as aprendizaxes académicas (lectura, escritura e cálculo) que teñen adquiridos. Ademais traballamos aspectos relacionados coa comprensión, a atención e a introdución ao manexo do euro.

Doutra banda, trabállase coas persoas que teñen máis dificultades comunicativas para que poidan acceder a un sistema alternativo de comunicación que lle facilite a comunicación en diferentes contornas e poidan realizar algunhas das actividades da vida diaria de forma autónoma.

Por último, mellorar o acceso ao computador a través de axudas técnicas que poidan permitir ese acceso (pantallas táctiles, teclados con teclas grandes, pulsadores, joystick…) As sesións son grupais ou individuais dependendo das características de cada persoa e das súas necesidades.

Servizo de hidroterapia

A hidroterapia baséase no uso da auga con fins terapéuticos, rehabilitadores xa sexa de forma térmica, mecánica, química e/o sensorial. É unha forma de fisioterapia e serve para os tratamentos de varias enfermidades, lesións e trastornos.

Servizo de lecer

O noso servizo de lecer está orientado ao desenvolvemento social dos homes e mulleres que acoden aos nosos centros, co obxectivo de dinamizar o seu tempo libre, e utilizando os recursos propios e comunitarios.

Entre as actividades que levan a cabo destacan:

Saídas culturais: exposicións, cinema, concertos… Roteiros e paseos por diferentes localizacións (coidade, praia, coñecer outras cidades…)

Festas e saídas nocturnas. No noso servizo de lecer é onde participan moi activamente os voluntarios da entidade. Ademais, anualmente e dentro do programa de vacacións, organizamos dúas viaxes, de sete días de duración, en que participan os homes de mulleres dos nosos centros, profesionais e voluntarios, o cal supón unha nova e enriquecedora experiencia ao saír da contorna habitual.

Servizo de logopeda

No servizo de logopedia centrámonos en ofrecer recursos comunicativos segundo as necesidades individuais de cada persoa para proporcionar unha maior autonomía, mellorando as dificultades e as alteracións da linguaxe, audición, fala e voz. Á súa vez #realizar valoracións en relación á eficacia e seguridade da deglución.
En canto á comunicación deseñamos e levamos a cabo os tratamentos, tanto individuais como colectivos, establecendo obxectivos definidos, cos métodos, técnicas e recursos máis eficaces e adecuados. Seleccionamos, implementamos e facilitamos a aprendizaxe de Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación (SAAC).
Por outra banda, é importante o papel que desempeñamos desde este servizo na valoración de posibles dificultades de deglución. Neste sentido, desde o servizo de logopedia #establecer as pautas e medidas necesarias para garantir que as persoas con disfagia coman e beban coas maiores garantías posibles de seguridade e eficacia.

Servizo de psicoloxía

O noso servizo de psicoloxía do centro ocupacional, de día e residencial, ten por obxectivo xeral contribuír á mellora da calidade de vida dos homes e mulleres e familias da entidade, ofrecéndolles asesoramento e apoio, entre outros, para alcanzar un maior benestar individual e familiar, favorecer unha estabilidade emocional e anímica, favorecer unha maior inclusión social e favorecer o seu desenvolvemento persoal. A atención que ofrecemos é de carácter individual e inclúe servizos de axuste persoal e un programa de rehabilitación individualizado, no que se perseguen diferentes obxectivos como a mellora e mantemento de condutas adecuadas, o control e a intervención dos estados emocionais, ou a mellora das habilidades e relacións sociais. As intervencións en grupo enfócanse á autodeterminación do usuario, á educación psicosexual e a estimulación cognitiva. Desde este servizo coordínanse os seguintes proxectos:

-Comisión afectivo sexual

-Cidadanía activa

-Consello asesor

-Exerce os teus dereitos

Servizo de enfermería

Desde o servizo de enfermería centrámonos en dar resposta ás necesidades de saúde xeral dos homes e mulleres do centro residencial, sendo de vital importancia a educación sanitaria e a prevención, de forma que se busca asegurar confort e o estado de saúde óptimo para cada unha das persoas en función das súas necesidades. Para conseguilo, buscamos que todas as persoas participen no seu propio autocuidado, sendo elas as primeiras en notificar os procesos agudos, explicándolles e informándolles do porqué deses procesos, como evitalos e que medidas tomar.

Servizo de fisioterapia

Desde o servizo de fisioterapia enfocamos o noso traballo diario na promoción da autonomía das persoas a través do adestramento do control postural e do equilibrio, coa finalidade de ofrecer novas experiencias de movemento que se adapten ás eleccións e necesidades das persoas usuarias.

O obxectivo é que as capacidades conseguidas transciendan a todos os ámbitos do día a día dos homes e mulleres da entidade, favorecendo a súa interacción, a súa participación activa e o exercicio da súa autonomía e autodeterminación. Trabállase en coordinación co resto do equipo de profesionais e coas familias para facelo efectivo.

O noso servizo de fisioterapia traballa a través de sesións individuais e/o en grupo, para aumentar a motivación e traballar de maneira social os obxectivos propostos. Á súa vez, participa co resto dos/as profesionais nas distintas contornas da vida diaria para favorecer a adaptación destes ás súas necesidades de autonomía.

A hidroterapia úsase como complemento terapéutico á fisioterapia, servímonos do medio acuático para que dispoñan dunha maior liberdade de movementos.

Servizo de Mantemento

O noso servizo de mantemento conta con dous profesionais encargados do coidado das instalacións, mantendo o seu bo estado e evitando a súa degradación.

Realizamos un mantemento preventivo, as reparacións oportunas das nosas instalacións e mobiliarios, o mantemento e reparación das furgonetas e tamén nos encargamos das reparacións, adaptacións, axudas técnicas e tecnolóxicas de diferentes dispositivos como comunicadores, cadeiras eléctricas, etc…

Terapia ocupacional

Desde o servizo de terapia ocupacional temos como obxectivo capacitar ás persoas para participar nas súas actividades da vida diaria (AVD), empregando a actividade como medio terapéutico ou a modificación da contorna, mediante o uso de tecnoloxías de apoio, a ergonomía ou a adaptación funcional do fogar, para que este reforce a súa participación.

Desde este servizo tratamos de mellorar o desenvolvemento das ocupacións diarias dos usuarios nas diferentes áreas: coidado persoal, produtividade, e lecer/tempo libre, para lograr a máxima autonomía persoal e mellorar a calidade de vida.

Obxectivos xerais:

-Promover a autonomía persoal no desempeño das actividades da vida diaria.

-Mellorar as destrezas motoras, sensoriais, cognitivas ou psicosociais nos ámbitos comunitario, laboral e doméstico.

-Informar, orientar e asesorar ao usuario e a súa familia en tecnoloxías de apoio e adaptacións funcionais do fogar.

-Educar e adestrar ao cliente na utilización de tecnoloxías de apoio.

Traballo social

O noso servizo de traballo social está dirixido a usuarios, familias e sociedade en xeral, ofrecendo información, asesoramento e acompañamento nas xestións ás persoas en función das súas necesidades, conectándoas cos recursos dispoñibles. A través deste servizo detectamos e canalizamos as necesidades sociais dos homes e mulleres que acoden aos nosos centros e das súas familias, informado e asesorando dos recursos sociais aos que poidan acceder.

Ademais, oriéntase ás persoas, no desenvolvemento das súas capacidades que lle permitan unha resolución dos seus problemas sociais, individuais ou colectivos.

Desde servizo de traballo social participamos e xestionamos os programas de vacacións, respiro familiar e de voluntariado, así como o servizo de atención a familias.

Transporte adaptado

Dentro de nuestro servicio de transporte adaptado contamos actualmente con 12 furgonetas adaptadas que permiten que los hombres y mujeres que acuden a nuestros servicios puedan trasladarse al centro de atención diurna desde sus domicilios, cubriendo la zona de Vigo y su área metropolitana.
El servicio de transporte adaptado es un servicio esencial y básico que nos permite disfrutar de un amplio programa de ocio y tiempo libre organizado desde la propia entidad.

Nuestro servicio de fisioterapia trabaja a través de sesiones individuales y/o en grupo, para aumentar la motivación y trabajar de manera social los objetivos propuestos. A su vez, participa con el resto de los/as profesionales en los distintos entornos de la vida diaria para favorecer la adaptación de estos a sus necesidades de autonomía.

gl_ESGL