Ser voluntari@
Acompáñanos no noso camiño para seguir escribindo, a nosa historia e o noso traballo colectivo; queremos construír unha sociedade onde todos teñan cabida.
A túa pegada quedará impresa na historia de APAMP.
¿Por qué ser voluntari@ en APAMP? Un dos nosos voluntarios favoritos, expón as súas razóns! Anímaste?
Actividades nas que podes colaborar
Un día en APAMP. Acompáñanos a coñecer os nosos centros e os talleres artesanais. Podes pasalo día con nós e participar activamente nas nosas actividades.
Faladoiros. Tes unha profesión que resulta interesante?, Realizaches unha viaxe que foi fascinante? Crees que a túa historia merece ser contaba? Pola nosa parte, encantad@s de escoitala! Comparte con nós a tua experiencia a través dun faladoiro!!
Club Deportivo TAMIAR APAMP. Club deportivo da entidade no que se practican dous deportes: boccia e slalom. Ofrecémosche a posibilidade de realizar unha liguiña entre centros, ou ser una auxiliar que apoie os propios deportistas. Poderás conocer estas dúas modalidades deportivas ademais de ser voluntario en adestramentos e competicións deportivas.
Actividades de ocio. Poderás acompañarnos nas diferentes actividades e saídas de lecer que se desenvolven na entidade. Un día de praia, visitas ao museo, saídas nocturnas, etc.
Campamento Centro de Atención Infantil e Xuvenil. Durante todo o mes de xullo, de luns a venres, o noso centro centro de atención infantil e xuvenil realiza un campamento de verán. Ofrecémosche a posibilidade de realizar actividades culturais e de lecer cos máis pequenos. As actividades antes mencionadas realízanse de luns a venres de 10 a 17 horas.
Viaxes. O longo do ano, realizamos diversas viaxes por Galicia e por outros puntos de España. Sendo voluntari@ poderás acompañarnos para gozar e compartir grandes momentos e experiencias.
A que esperas? Envíanos unha mensaxe, cóntanos en que área queres colaborar e faite voluntario 🙂