Scroll to top
Talleres

Taller radio

No noso centro residencial contamos cunha emisora propia de Radio chamada Radio APAMPDA. Unha emisora de radio xestionada integramente por 10 persoas que realizan, quincenalmente, os seus propios programas de radio.

Nace no ano 2017 co obxectivo de ser unha canle de comunicación a través do cal damos a coñecer as actividades e proxectos da entidade. No 2022,  nosa Radio dá un xiro de 180º coa intención de converterse no medio de comunicación que poña voz a todas as persoas, grupos ou colectivos sociais de Vigo, a súa área metropolitana e de toda Galicia.

O obxectivo é dar a coñecer todo o que sucede na sociedade, tanto os logros conseguidos como as dificultades e retos actuais. Coñecer historias reais, as que suceden moi preto de nosotr@s pero que non sempre teñen a oportunidade nin a forma de ser escoitade@s. En definitiva, ser a Radio Social de Galicia.

Desde os nosos inicios,  emitimos máis de 40 programas de diferente índole e temática: temas de actualidade, eventos sociais.

gl_ESGL