Scroll to top
Talleres

Taller papel

O papel feito a man é moito máis que simple papel. É unha forma de artesanía, arte e terapia. Ademais de ser belo para a vista e agradable ao tacto, é moi versátil. Resulta idóneo para papel de carta, puntos de libro, Origami, tarxetas, postais, e outras moitas posibilidades.

No noso taller de papel creamos papeis elaborados a partir de distintas fibras naturais como o algodón, a pulpa de papel, o formio, a palmeira, o ave do paraíso, a herba da pampa ou o liño.

Coa pulpa fabricada no taller elaboramos invitacións de voda, marca páxinas, follas para libros de artista, bixutería en papel.
gl_ESGL