Scroll to top
Talleres

Taller de encadernación

No noso taller de encadernación realizamos traballos mediante técnicas artesanais, sendo todos os nosos produtos cosidos a man e de forma rústica, en bastidores con cintas ou cordeis, encolando os lombos co sistema chamado cosido americano, sistema de canutillos ou espirais, perforando as follas polo lombo e colocando as espirais segundo tamaño e cores.
Elaboramos libros, cadernos, álbums de fotos, fascículos, libros de artista, cartafoles, libros de firmas, marcos, portafotos ou agasallos corporativos. Restauramos libros, estragados ou deteriorados. Para a restauración de libros utilizamos técnicas de restauración con papeis “Xapón”, cola de “tylose” especial para estes casos e respectando sempre as tapas e escritos orixinais e os cosidos rústicos que teñan as obras. Na elaboración dos nosos traballos utilizamos materiais de encadernación artesáns: cartóns, teas, papeis variados vexetais, reciclados, naturais e sempre de gran calidade.
Tamén personalizamos traballos coa técnica de termo impresión, utilizando películas de distintas cores segundo o que requira o produto polo seu estilo ou polo material utilizado.

gl_ESGL