Scroll to top
Talleres

Taller de comunicación TICS

O noso taller de comunicación ten como obxectivo facilitar o acceso ás novas tecnoloxías dixitais e ampliar coñecementos  sobre os diferentes dispositivos e  aplicacións adecuadas aos intereses de cada persoa. Buscamos potenciar a creatividade a través da creación de obras ou mensaxes gráficos persoais ou corporativos, expresando a individualidade e orixinalidade de cada persoa.

Buscamos desenvolver habilidades para a comunicación visual e verbal a través da escritura, a creación de contidos, a redacción e a exposición de mensaxes ou proxectos, poñendo en práctica novos coñecementos de deseño destinados a organizar gráficamente os contidos e facelos atractivos aos nosos “públicos” ou destinatarios.

Outro dos obxectivos do taller é contribuír ao deseño e desenvolvemento da marca e dos produtos que se realizarán nos nosos talleres artesanais, participando nas diferentes fases do proceso creativo e de produción.

Desde o taller de comunicación encargámonos da realización da revista Rodando. Unha publicación trimestral a través da cal se dan a coñecer todos os actos e actividades desenvoltos na entidade.

 

gl_ESGL