Scroll to top
Talleres

Taller de cestería

No noso taller de cestería combinamos técnicas de cestería tradicional, con novas aplicacións e materiais. A nosa actividade depende do traballo colectivo e colaborativo dos homes e mulleres participantes no taller, xa que para adecuarnos ás súas necesidades e desafíos, realízanse as tarefas e pezas conxuntas. A psicomotricidade fina, atención, memoria, capacidades cognitivas de abstracción e orientación son as áreas de maior estimulación dentro deste taller.

Desenvolvemos técnicas básicas de cestería de varas e láminas de madeira, establecendo as bases para o futuro desenvolvemento do taller e a elaboración de pezas para a venda.

gl_ESGL