Scroll to top
Proxectos

Somos Estamos e Contámoscho

“Somos, estamos e contámoscho” é un proxecto que consiste en difundir a realidade e os dereitos das persoas con parálise cerebral desde a súa propia perspectiva. Realizamos charlas de sensibilización en diversos centros educativos a través das cales se dan a coñecer que é a parálise cerebral, consecuencias e causas, así como o día a día das persoas que forman parte deste colectivo.

Faise deas o primeiro momento, en primeira persoa. Tal e como versa o slogan destas charlas: “Non fíesche do que ven vos teus ollos, non quedes coa primeira impresión”, o colectivo de persoas con parálise cerebral, e concretamente os membros de APAMP, queren facer ver que máis aló de ter parálise cerebral, existen infinidade de actividades, proxectos ou traballos que son capaces de levar a cabo. Queren transmitir que son persoas que queren participar activamente na sociedade e que eles mesmos toman as súas propias decisións. En definitiva, facer ver que son cidadáns de plenos dereitos. Impartimos máis de 25 charlas chegando a máis de 2000 persoas.

 

 

 

 

 

gl_ESGL