Neste 2024, concretamente no mes de xuño, voltamos á rúa para realizar a nosa séptima intervención artística urbana que se titula “Sentada na Rúa”.
O obxectivo de habitar e utilizar o espazo para crear conexións e favorecer encontros de convivencia entre a cidadanía. A idea é xerar un espazo de arte público, con conciencia social, interactivo, participativo e progresista, convertindo a arte en axente social e como diálogo de realización colectiva. Queremos dar visibilidade ás diferentes capacidades e perspectivas creativas de numerosos e diversos grupos, dentro da nosa sociedade.
A intervención ten dous obxectivos. O primeiro é afastar un obxecto tan común como é unha cadeira, do seu uso cotián e darlle así un novo significado dentro do espazo. Queremos ir máis alá de xeito que poidamos convertir unha simple cadeira nun obxecto que active a nosa memoria -a través de recordos e experiencias- para espertar así as nosas emocións.
O segundo obxectivo é de rachar co consumismo masivo, coa obsolescencia programada que crea no comprador a necesidade de renovar os productos a pesares de que a súa vida útil non rematara.Pretendemos devolver a utilidade e darlle unha nova vida a eses obxectos que nalgún momento se catalogaron como desperdicios, outorgándolles un novo valor como obras de arte.
Todas estas cadeiras teñen a súa propia historia. A historia de cada un dos centros, entidades e colectivos que deron forma a nosa VII Intervención Artística. Historias reais, de superación, que falan da soidade, da braveza, do heroísmo, de momentos tristes e outros de maior ledicia.
A nosa VII Intervencion “Sentada na Rúa” foi posible grazas a colaboración e o traballo de: Aula Hospitalaria do Álvaro Cunqueiro, Fundación Juan Soñador, CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao, CEIP Eduardo Pondal, Cooperativa AMorada, CEIP Josefa Alonso, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Plurilingüe Paraixal, Centro Penitenciario A Lama, CEIP O Sello, CEIP Illas Cíes, Asociación de Veciños Novo Vigo, CEIP Monte Alba, Residencia Ballesol, EEI Aragón, Afaga Alzheimer, Centro de día Parque Castrelos, Biblioteca Xosé Neira Vilas, CEIP Igrexa Chapela, Asociación Doa, Centro Juan María, A Casa Rodante, IES Praia Barraña, Ludoteca Inclusiva e Obradorios artesanais de APAMP.