Scroll to top
Proxectos

Radio APAMPDA

Radio APAMPDA é a emisora de radio da entidade xestionada integramente por 10 persoas que realizan, quincenalmente, e desde a sede do noso centro residencial, o seu propio programa de radio.

 

Nace no ano 2017 pero é no 2022 cando radio APAMPDA dá un xiro de 180º e convértese nunha radio social co obxectivo de converterse no medio de comunicación que poña voz a todas as persoas, grupos ou colectivos sociais de Vigo, a súa área metropolitana e de toda Galicia. Queremos dar a coñecer todo o que sucede na sociedade, tanto os logros conseguidos como as dificultades e retos actuais. Coñecer historias reais, as que suceden moi preto de nosotr@s pero que non sempre teñen a oportunidade nin a forma de ser escoitade@s. En definitiva, queremos ser a Radio Social de Galicia.

 

Desde os seus inicios, Radio APAMPDA emitiu máis de 40 programas de diferente índole e temática: temas de actualidade, eventos sociais, moda, deportes, etc… Os programas de radio pódense escoitar na nosa canle de Youtube.

gl_ESGL