APAMP é unha Asociación de familias de persoas con parálise cerebral e discapacidades afíns, cuxa misión é contribuír ao desenvolvemento do proxecto de vida de cada persoa con parálise cerebral ou afín, prestando os apoios necesarios, a eles e ás súas familias, e facilitando oportunidades para que poida tomar as súas propias decisións e participar activamente na sociedade.
No Centro de Día, Ocupacional e residencial préstanse os seguintes servizos:
APAMP pretende que estes servizos, sexan sinónimo de calidade, comprometéndose a realizar as accións, cumprindo os requisitos e mellorando continuamente a eficacia do Sistema de Xestión de Calidade implantado. Como entidade comprométese a crear un clima de confianza que favoreza a participación plural (de familias, persoas con discapacidade, profesionais, voluntarios…), fomente a igualdade de oportunidades, o entusiasmo polo traballo ben feito e o afán de superación.