Scroll to top
Intervención artística urbana

Malas herbas (2022)

A nosa cuarta intervención artística urbana, chamada “Malas Herbas” realizouse coincidindo coa celebración do 45 aniversario da entidade. Malas herbas é un mural de cerámica elaborado nun dos nosos talleres artesanais polos artistas David Díz e Aram Ríos.
 “Malas herbas”, reivindica esas herbas que nacen en cada esquina, baixo as pedras, que ruben polos valos. Esas malas herbas que se agarran ao chan con forza, adaptándose ao medio e sempre atopando a maneira de saír da terra e estenderse sen présa pero sen pausa. É aquí onde nos vemos identificados como colectivo, como persoa que viven levantándose cada día. Reivindicamos a beleza natural, a non programada, a beleza imprevisible, poñendo en valor a diversidade que existe na nosa contorna.
O mural é unha homenaxe á poeta Pilar Álvarez.
“Malas Herbas” é unha parte do proxecto “Dei Verso”, que ten como finalidade xerar un espazo que destaque pola súa beleza e ao mesmo tempo crear un espazo de poesía en toda a contorna da rúa Miguel Hernández. O mural está situado na rúa Miguel Hernández, nº1, diante do noso centro de día e ocupacional.
gl_ESGL