Scroll to top
Transparencia

Financiadores

APAMP finánciase a través de diferentes vías, que se mostran no seguinte gráfico.

A principal fonte de financiamento, é a prestación de servizos de atención a persoas con parálise cerebral, que a través de contratos asinados coa Xunta de Galicia (Consellería de Traballo e Benestar), permite xestionar os servizos de centro de día, centro ocupacional, residencia e respiro familiar.

Detallamos os contratos asinados para a xestión de prazas:

  • Contrato de xestión de servizos públicos na modalidade de concerto para a reserva e ocupación de prazas en centro ocupacional para persoas con parálise cerebral na área Urbana de Vigo. PA 67/2009_LOTE 24. Asinado o 1 de decembro de 2009. Prazo de execución ata o 31 de decembro de 2017, actualmente está asinada a 7ª prórroga do mesmo. O 31 de decembro de 2013, prodúcese unha modificación no contrato, incorporando a prestación do servizo de transporte.

  • Contrato de xestión de servizos públicos na modalidade de concerto para a reserva e ocupación de prazas en centro de día para persoas con parálise cerebral na área Urbana de Vigo. PA 69/2009_LOTE 24 Asinado o 1 de decembro de 2009 Prazo de execución ata o 31 de decembro de 2017, actualmente está asinada a 7ª prórroga do mesmo. O 31 de decembro de 2013, prodúcese unha modificación no contrato, incorporando a prestación do servizo de transporte.

  • Contrato de xestión de servizos públicos na modalidade de concerto para a reserva e ocupación de prazas en residencia para persoas con parálise cerebral na área de Vigo. PA 75/2012. Asinado o 1 de novembro de 2012. Prazo de execución ata o 31 de decembro de 2017, actualmente está asinada a 2ª prórroga do mesmo. O 27 de decembro de 2013, prodúcese unha modificación no contrato, co incremento de 3 prazas.
  • Contrato de xestión de servizos públicos na modalidade de concerto para a reserva e ocupación de prazas en residencia para persoas con parálise cerebral na área de Vigo. PN 8/2010. Asinado o 11 de setembro de 2010. Prazo de execución ata o 31 de decembro de 2017, actualmente está asinada a 5ª prórroga do mesmo. O 27 de decembro de 2013, prodúcese unha modificación no contrato, coa diminución de 3 prazas de residencia e 5 prazas de respiro familiar. Posteriormente en 2015, redúcese o contrato a 2 prazas de respiro familiar.

  • Contrato de xestión de servizos públicos na modalidade de concerto para a reserva e ocupación de 5 prazas no servizo de atención residencial terapéutica para persoas con parálise cerebral no Concello de Vigo. PN 40/2015. Asinado o 25 de agosto de 2015.Prazo de execución ata o 31 de decembro de 2017, actualmente está asinada a 1ª prórroga do mesmo.

gl_ESGL