Scroll to top
Intervención artística urbana

Enredando na rúa (2019)

A nosa III Intervención artística urbana recibiu o nome de “Enredando na rúa”. O obxectivo foi construír unha gran rede que cubrise a praza do Paseo de Alfonso XII de Vigo co obxectivo de tecer relacións, aprendizaxes, complicidades e colaboracións, avanzando en cada nó ata construír unha obra común.
A rede, cun tamaño de 5X5 metros foi elaborada empregando calquera tipo de material (algodón, a, trapillo, fíos…), de ferramentas (agullas de gancho, de calceta, teares…) e de técnicas. Na construción da rede participaron máis de setecentas persoas de 28 entidades diferentes como o centro penal da Lama, o Hospital Álvaro Cunqueiro, asociacións de veciños, centros de terceira idade, centros escolares ou outras entidades do terceiro sector. Destacar a participación de :Hermanos Misioneros de Teis, Centro Ballesol, Asociación ALENTO, Fundación Aldaba, Centro Penitenciario A LamaCEE Manuel López Navalón, CEIP Pintor Laxeiro, Ceip Xosé Fernández López, IES Illas Cíes, Asociación Veciñal Novo Vigo, EEI Rua Aragón, Hospital Álvaro Cunqueiro e Vitrasa!!

Post a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

gl_ESGL