Scroll to top
Intervención artística urbana

Desbarrando na rúa (2018)

“Desbarrando na rúa” é o nome que recibe a II Intervención artística urbana da entidade, unha proposta baseada na construción dun mural cerámico colectivo de temática libre cunha dimensión de 6 m. de longo e 1,2 m. de alto.

 

A proposta artística deste 2018 pretendía conseguir unha xornada de convivencia coa finalidade de crear unha obra colectiva e embelecer a cidade, ao mesmo tempo que eliminar a barreira da discapacidade que separa ás persoas con discapacidade do resto dos cidadáns.

 

O peche desta intervención, tivo lugar coa colocación do mural na fachada da rúa Florida con Miguel Hernández e está dedicado á poeta Nuria Vil.

 

Post a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

gl_ESGL