Convivindo é un proxecto posto en marcha no ano 2016 polo noso Centro de Atención Infantil. Unha nova proposta de intervención educativa para a inclusión de nenos e nenas con parálise cerebral e afíns.
O proxecto consiste en realizar actividades cos alumnos e alumnas de educación infantil, co que, de forma dinámica e participativa, na liña formativa de educación non formal, abórdense contidos relacionados coa inclusión, a diversidade e a convivencia.
Consideramos complementaria e necesaria, tendo como eixo central a intervención nun neno/nena con parálise cerebral ou afin, a intervención no propio contorno escolar. É dicir, traballar con grupo de iguais no obxectivo da inclusión, impregnando valores como a solidariedade, o respecto á diferenza e a cooperación, de forma que se contribúa a construír unha sociedade, futuros adultos máis sensibles e solidarios.