A Comisión Afectivo-Sexual creouse en 2018 no noso centro residencial co obxectivo de que as persoas con parálise cerebral se xestionen e decidan por si mesmas como queren que se traten todas as cuestións relacionadas coa afectividade e a sexualidade de cada unha das mulleres e homes da entidade.
Entre os seus obxectivos atópanse a implantación en todos os nosos centros dunha “forma de facer” que contemple a educación sexual dos homes e mulleres da entidade, a atención á sexualidade individual e/ou compartida, a toma de decisións sobre quen ten acceso e de qué ao corpo de homes e mulleres ou ao dereito á intimidade.
Outro dos obxectivos é crear e formar un grupo de profesionais motivados e interesados en apoiar e acompañar aos homes e mulleres da nosa entidade nas súas necesidades afectivas sexuais, así como promover o debate entre usuarios e profesionais e chegar a acordos sobre o tipo de sensacións percibidas. ante a manipulación do seu corpo por parte de familiares, profesionais, etc…
En definitiva, escoitar, estar atentos e detectar as necesidades que cada un dos homes e mulleres poida ter neste ámbito.