Scroll to top
Proxectos

Bimba y Lola Loves

#BimbaylolaLOVES é unha proxecto realizado en colaboración coa empresa galega téxtil Bimba y Lola que se pon en marcha no ano 2021 e que sae á luz en xaneiro de 2022. O proxecto baséase na colaboración de trece artistas da nosa asociación, coa creación de 42 pezas de cerámica únicas elaboradas nos talleres do noso centro de día e centro residencial. Para os artistas, cada peza reflicte ao individuo que hai detrás e a súa persoal visión do amor.

Estas pezas de arte, compradas a cada un dos artistas por Bimba e Lola, vendéronse ao público exclusivamente na web de BIMBA Y LOLA, e todos os beneficios da súa venda doáronse a outra asociación seleccionada polos propios artistas da nosa entidade. A Asociación elixida foi a Fundación Social Emaus Vigo.

Os artistas participaron nesta campaña dirixida pola artista PZ Today, quen ha visitou aos homes e mulleres da nosa entidade para penetrarse no seu proceso creativo, gravalo, e fiar un relato que celebra a diversidade, a arte, e o amor.

A relación da empresa téxtil galega Bimba y Lola con APAMP, xorde a finais do ano 2020 a través da doazón que a empresa realiza á entidade. A partir dese momento, e tras coñecer o labor e os produtos elaborados nos nosos talleres artesanais así, empresa e entidade poñen en marcha unha serie de colaboracións que culminan co lanzamento da campaña “Bimba Y Lola Loves”. A primeira delas liña de acción, encargada ao taller téxtil, baseábase na elaboración de máis de 40 engendros, todos eles únicos e personalizados, que serían regalados ás futuras nais que traballan na empresa. A segunda colaboración foi a participación da entidade nunha das feiras que a empresa realiza para as súas empregade@s. Nela vendéronse un gran número de pezas de cerámica elaboradas nos nosos talleres do noso centro de día e centro residencial.

gl_ESGL