ASPACE Galicia, xunto coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, pon en marcha unha formación gratuita sobre a prevención en saúde nas persoas con parálise cerebral, dirixida a familiares e profesionais de intervención directa. O obxectivo principal é proporcionar ferramentas para previr complicacións na saúde, reducir factores de risco e mellorar a calidade de vida das persoas con grandes necesidades de apoio.
Obxectivos da formación
- Adquirir coñecementos básicos sobre como intervir con persoas con parálise cerebral para evitar complicacións de saúde.
- Favorecer a prevención na saúde das persoas con parálise cerebral para previr a aparición de enfermidades, reducir os factores de risco, deter o seu avance e atenuar as súas consecuencias.
Contidos
A formación abordará aspectos fundamentais para a prevención de complicacións na saúde das persoas con parálise cerebral, incluindo:
- Abordaxe de crisis epilépticas: como recoñecelas e actuar de maneira efectiva.
- Infeccións respiratorias e urinarias, hipoglucemia, hipertensión e problemas intestinais: identificación de síntomas e medidas preventivas.
- Alimentación e nutrición: abordaxe de cambios de peso importantes, alimentación adecuada para persoas con disfaxia, hidratación e detección de signos de malnutrición.
- Signos de alerta e actuación ante fecalomas (oclusión intestinal): cando e como intervir para evitar complicacións.
- Hidratación en personas con dificultades de deglución e disfaxia: estratexias para garantir unha adecuada hidratación e previr complicacións asociadas.

