Scroll to top

Patelando na rúa, VI Intervención Artística de APAMP

Un ano máis saímos encher as rúas de Vigo de ARTE na nosa “VI intervención artística na rúa” para construír unha obra conxunta coa cidadanía de Vigo que queira participar con nós!
Con “Patelando na rúa” queremos facer unha reinterpretación da cestaría tradicional, recuperando “a patela”, cesta cadrada elaborada con tiras de madeira que as mulleres peixeiras empregaban para transportar e exhibilo peixe.🧺🐟

Vinde patelar con nós!!!

🗓️Cando? O xoves 15 xuño en horario de 11:00h a 20:00h
👉Como? Achegándote a patelar con nós na rúa!
📍Onde? No paseo de As Avenidas (fronte ao Real Club Náutico) en Vigo.
E para amenizar a xornada contaremos con algunhas actuacións, moitas grazas a todas e todos os artistas que veñen compartir con nós este día!! 🎶🎵
  •  11:00h presentación “Patelando na Rúa”
  •  12:00h- Manu (actuación musical)
  •  16:30h- Lumieira (pandereteiras)
  •  17:30h- As Estántighas do Berbés (pandereteiras)
  •  18:15h – Grupo de Baile Irlandés Galicia e Grupo de Ballet EuDanzarei

Agardámosvos na rúa!! 🥰

Coa colaboración da Deputación de Pontevedra

 

Related posts

gl_ESGL