Scroll to top

O noso centro de Navia cada día máis eficiente

O Centro de Atención Integral de Navia conta cunha instalación fotovoltaica mellorada, grazas ao cofinanciamento da Fundación ONCE, que permitiu ampliala e mellorala para reducir o consumo enerxético e manter a confortabilidade das instalación do Centro Residencial e do Centro de Día.

O proxecto, executado entre setembro e decembro do pasado ano, tiña por obxetivo reducir o consumo enerxético do centro a fin de garantir o mantemento de tódolos servizos, especialmente o de hiroterapia, que implica un alto consumo, e a confortabilidade das persoas usuarias, que polas súas limitacións de movemento precisan desenvolverse en ambientes cálidos e confortables que reduzan a súa espasticidade e contracturas.

O apoio da Fundación ONCE permitiu renovar e ampliar a instalación de enerxía fotovoltaica e  aforrar no consumo enerxético do centro.

 

 

Related posts

gl_ESGL