Misión
A misión de APAMP é contribuír ao desenvolvemento do proxecto de vida de cada persoa con parálise cerebral ou afín, prestando os apoios necesarios, a eles e ás súas familias, e facilitando oportunidades para que poidan tomar as súas propias decisións e participar activamente na sociedade.
Visión
A visión de APAMP, é ser recoñecida e valorada socialmente por: A defensa dos dereitos das persoas con parálise cerebral e afíns, e os das súas familias. A participación activa na entidade de todos os axentes da organización (persoas con parálise cerebral, familias, profesionais e voluntarios). Actitude proactiva na detección de necesidades, e eficiente na xestión de recursos.

Os nosos valores
Superación
Alcanzar as nosas metas grazas á forza de vontade e ás ganas, para ter a maior autonomía posible sempre con motivación e perseveranza.
Evidencias
-Entidade: Conseguir (desde unha asociación pequena) un centro de día e ocupacional, unha residencia e unha parte de abordaxe infantil. Facerse cada vez máis visibles na sociedade.
-Individuais:
- Reyes: desde que chegue a Apamp puiden viaxar e saír da cidade.
- Juan: participar no discamino e facer o camiño.
- Pepe: ir a piscina e o traballo do taller.
- Laura: as saídas, vivir na residencia.
- Pili Alvarez: aprender cousas distintas e poder pintar o que queira.
Dignidade
A dignidade para nós é:
- O respecto polas persoas. Todas as persoas merecemos respecto sen importar como somos. Respecto á intimidade, a vida privada, ás relacións afectivas.
- A oportunidade de facer cousas sós. Axudar ás persoas a que consigan as cousas por se mesmas Que se nos teña en conta e asígnenllenos responsabilidades.
- Que se nos apoie para conseguir as nosas metas, soños. Poder elixir realizar un proxecto de vida.
- A igualdade, relacionada con que todos somos valiosos. Tratar e ser tratado de igual a igual. Poder elixir como vivir ou morrer.
- Autonomía e superación.
- Xustiza e igualdade.
- As persoas como centro. Respecto ás persoas.
- Xenerosidade, bondade cos demais.
Evidencias
- Comemos juntos usuarios y trabajadores.
- Responsabilidades compartidas, tareas de oficina, visitas guiadas, acogidas de nuevos usuarios.
- Voluntariado-ocio.
- Carnet de conducir de JR.
- Tomar café fuera.
- Parejas con su espacio/habitación.
- Superar los miedos. Salir sola por el barrio.
- A la intimidad, vida privada. Relaciones afectivas.
Afecto
Facultade que ten unha persoa para poder decidir por se mesmo e actuar segundo as súas ideas e intereses.
Evidencias
As viaxes, as saídas, o deporte, o Discamino….e as novas tecnoloxías. Está a liberdade de sentirse ben, sen problemas, libre, voar…pero Varela recoñece que o sente libre realmente cando pode comunicarse co mundo sen o “ non che entendo”, polo que conclúen que as novas tecnoloxías son moi importantes no mundo da discapacidade, que para eles novas tecnoloxías significan liberdade. As novas tecnoloxías son símbolo de liberdade en Apamp.
Fitos históricos
- 1977: Fundación. Asínase un convenio entre APAMP e Auxilia cuxo obxectivo era a integración en centros ordinarios.
- 1987: Constitúese o Club deportivo TAMIAR. Deporte Adaptado
- 1996: Transporte adaptado. Conseguimos transporte adaptado propio e ponse en marcha o servizo de Comedor.
- 2004: Compra das vivendas de Camelias. Adquírense dous inmobles para ofrecer o servizo de residencia.
- 2013:Apertura do servizo de Residencia en Navia
A afectividade é a necesidade que temos os seres humanos de establecer lazos con outras persoas.
Evidencias
- O feito de celebrarse na entidade enlaces como o de javi e Vanesa, Edu e Anabel, sendo Conchi a que a oficiou, vodas de profesionais ás que os mozos acoden, como a de Olaia, a de bianca, Adón…
- Anita di atopar o amor en Apamp.
- Isabel vai todas as mañás á oficina para dar un abrazo a Patri Castro.
- Patri queda con Nacho fóra de Apamp para tomar café.
- Anita vai visitar a profesionais e compañeiros cando están no hospital.
- Xuntámonos para facer agasallos (vodas, cumpres, nacementos, despedidas…).
- Fito recibe moitos mimos, bicos, abrazos, sente querido.
- Fanse en compañía viaxes, saídas…
- Os profesionais dedican parte do seu tempo libre, fóra da xornada de traballo, a acompañar, apoiar, compartir con familias e mozos.
- Compartimos non só as alegrías, senón tamén as penas, as penas compartidas son menos penas.
- Cando entramos en Apamp sentimos ben acollidos, con mostras afectuosas.
Libertade
Conexión
Conéctase entre nós, conéctase con losdemás, a través da complicidade, o humor…hai unión.
Creatividade
É a arte de:
- Ver dificultades como retos
- Crear e aproveitar oportunidades
- Dar espazo ao imposible
- Ser abertos a ideas e propostas non convencionais
- Saírse da rutina e o programado
- Improvisar
- Equivocarse e empezar de novo
Reinventarse
Evidencias
- Como se reorganiza/organiza en función dos imprevistos, as circunstancias.
- Adaptabilidade, flexibilidade.
- Talleres, produtos artesanais
- Escaparates, ambiente, decoración nos centros, festas…
- Tipo de actividades extra son fóra do habitual.
- Adaptacións enxeñosas
- Eventos, celebracións, intervencións, exposicións, libros,
- Centros abertos, familias, resto de sociedade, visitas guías como se fai.
- Servizos e actividades, reinventarse, dar servizo en función de necesidades e recursos “problema” solución creativa.
- Equivocarse: cambiar
- Maite, Jose N, Pablo N, Marta, Conchi e Patri B
- Prensa