
Elaborando un testamento solidario, non só coidas dos teus, senón que tamén contribúes a mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral.
Incluir a APAMP no teu testamento, xa sexa deixando unha parte do teu patrimonio ou un ben concreto (legado), transformará o teu testamento nun testamento solidario, sen perxudicar a herencia lexítima dos teus herdeiros/as.
A túa aportación traducirase na mellora dos nosos servizos, actualización de infraestructuras, compra de material para a mellora da autonomía persoal das persoas con parálise cerebral, mellor atención a través da contratación de persoal.
¿Como podo facer un testamento solidario?
Estas son as opcións:
- Realizar un legado. Neste caso podes colaborar coa nosa entidades deixando un ben concreto o unha cantidade de diñeiro.
- Nomea a APAMP Coherdeira, xunto a túa familia, outras persoas, entidades y/u organismos.
- Facer beneficiaria de tódolos teus bens a APAMP, nomeándoa coma herdeira universal.
- Nomear a APAMP como beneficiaria do teu seguro de vida.
FÁCIL, ECONÓMICO, LIBRE DE IMPOSTOS, SOLIDARIO, COMPATIBLE CON TUS HERDEIROS/AS, CON IMPACTO NA SOCIEDADE
Que pasos debes seguir?
É sinxelo!
- Reflexiona sobre os teus bens e sobre que queres doar: É moi importante ter claro a quen vas deixar aquelas cousas que formaron parte da túa vida.
- Como incluir APAMP no teu testamento solidario?: Do mesmo xeito que inclues os teus familiares ou amigos, e independientemente de cal sexa o teu patrimonio, podes destinar unha parte do mesmo ou un ben concreto a APAMP. Con cada pequena aportación, estarás mellorando a calidade de vida das persoas con parálise cerebral.
- Acude a unha notaría. É un proceso administrativo que debes realizar, tendo un coste asumible. No testamento deberán incluir os seguintes datos:
- Razón Social: APAMP, Asociación de familias e persoas con parálise cerebral.
- CIF: G36624120
- Dirección: Miguel Hernández, 1. Vigo
- Comunícanolo: Encantaríanos conñecer e cumprir a túa vontade con responsabilidade, compartindo contigo o impacto que terá a túa herencia nas persoas con parálise cerebral.
APAMP está exenta do impuesto de sucesións e doazóns, polo que recibirá íntegramente, o que apareza recollido no teu testamento.
Se tes algunha dúbida, podemos asesorarte sen compromiso!
Chámanos ao número 9862940422 ou escríbenos a apamp@apamp.org