Scroll to top

A marca de artesanía de APAMP ” A Casa Rodante” lanza o libro “Creadoras”.

A publicación, que viu a luz a finais de xaneiro de 2025, é unha autobiografía de tódalas persoas que están detrás dos productos que se venden na “A Casa Rodante”.

A través desta obra, que recolle a biografía de 31 artistas, queremos destacar a capacidade creativa dos/as artistas que forman parte da nosa marca de artesanía.

Este documento gráfico é froito dun traballo realizado a fogo lento durante máis de cuarenta anos. Unha historia que comeza con un horno cerámico e unha ceramista: Maite Meixide, quen puxo a semente que permitiu novos creadores/as, artistas e artesáns. Sempre na búsqueda de fórmulas para ofrecer oportunidades, adaptando os procedementos tradicionais ás características de cada persoa, intentando potencialas. Descubrindo e valorando así a libertade e a beleza de cada creadora.

O libro está adicado a nosa querida María Garrido, creadora con maiúsculas, e a gran Maite Meixide, quen constituiu a esencia indiscutible do traballo colectivo que fomos texendo ó longo dos 48 anos da historia da nosa entidade.

Este proxecto foi cofinanciado pola

 

 

Gallery slideGallery slideGallery slideGallery slideGallery slideGallery slide

Related posts

gl_ESGL