A nosa historia
Un grupo de familias de Vigo asócianse para que os seus fillos e fillas con discapacidade, reciban a atención que necesitan, xa que a ENTIDADE AUXILIA á que acudían a recibir servizos de lecer e “de nivelación e recuperación escolar” e xestionada por voluntarios, deixaba de funcionar.
Dez anos despois, en 1987 créanse 3 aulas de educación especial e conséguese a integración en aulas ordinarias, en o COLEXIO PÚBLICO SEIS DO NADAL, de alumnos con parálise cerebral, espiña bífida, e outras minusvalías, comezando a funcionar no centro escolar co material doado pola asociación.
Conseguido este obxectivo, a entidade continúa o seu labor coas persoas adultas con discapacidade para o que crea, un centro ocupacional.
Apenas existían servizos para persoas con discapacidade, e por iso, a atención centrada nas necesidades das persoas, e especialmente nas non atendidas, sempre foi unha das prioridades da asociación en toda a súa traxectoria.
Con este obxectivo, desenvolvéronse diversos servizos (centro de día, ocupacional, servizo de respiro familiar, servizo de vivenda residencial, residencia con atención diúrna, emprego con apoio, lecer, atención a familias, deporte, transporte adaptado…) e seguimos traballando para por poñer en marcha os novos proxectos: centro de día e centro de tratamentos, e atención temperá.
Fitos históricos
16_historiaapamp_Imagen 065
04_historiaapamp_hjhju (13)
02_historiaapamp_hgfg
05_historiaapamp_hjhju (15)
12_historiaapamp_Imagen 050
03_historiaapamp_hjhju (3)
06_historiaapamp_hjhju (19)
07_historiaapamp_Imagen 011
08_historiaapamp_Imagen 012