Club Deportivo Tamiar
O noso Club Deportivo TAMIAR APAMP constitúese como unha asociación deportiva sen ánimo de lucro, fundado en 1987 co obxectivo do fomento e a práctica de actividades físico-deportivas de persoas con parálise cerebral e discapacidades afíns.
As modalidades de deporte de competición nas que participamos son Boccia e Slalom.
Boccia:
A boccia é un xogo de precisión e de estratexia, coas súas propias regras recollidas nun regulamento internacional. As categorías establécense en función do grao de discapacidade que teñan os deportistas.
Practícase de forma individual, por parellas ou equipos, sobre unha pista rectangular na que os xogadores tratan de lanzar as súas bólas o máis preto posible da pelota branca que serve de diana á vez que tentan afastar as dos seus rivais, nun exercicio continuo de tensión e precisión.
Slalom:
O slalom é unha modalidade deportiva para persoas con parálise cerebral, na que nun circuíto con obstáculos, o deportista en cadeira de rodas debe ir esquivándoos ata completar un percorrido determinado no menor tempo posible.
Desde o ano 1988, participamos en todos os campionatos nacionais de boccia e slalom, obtendo sempre os mellores resultado en cada un deles.
Dous dos noso deportistas ostentan o record nacional de slalom en cadeira de rodas ao proclamarse en máis de quince ocasiones campións de España.
O noso club realiza exhibicións de boccia e slalom en diferentes centros educativos co obxectivo de fomentar a práctica destas dúas modalidades deportivas entre os máis novos.