Scroll to top

Cifras sobre a parálise cerebral

A parálise cerebral é unha das causas máis frecuentes de discapacidade motórica e a máis frecuente en nenos. Estímase que entre un 2 e un 2,5 por cada mil nados en España ten parálise cerebral, é dicir, unha de cada 500 persoas. Dito doutra forma, en España hai 120.000 persoas con parálise cerebral.

É moi importante saber que a parálise cerebral non se pode curar. Estritamente non é unha enfermidade, pois a parálise cerebral, como tal, non require de ningún tratamento, nin farmacolóxico nin terapéutico. Con todo, os síntomas desta discapacidade si que poden ser tratados, especialmente desde catro áreas fundamentais: fisioterapia, logopedia, apoios educativos e terapia ocupacional.

Así, se a persoa recibe unha atención adecuada que lle axude a mellorar os seus movementos, estimule o seu desenvolvemento intelectual, desenvolva a súa comunicación e potencie as súas habilidades sociais, poderá alcanzar importantes niveis de autonomía e levar unha vida plena.

Non hai dúas persoas con parálise cerebral iguais, é dicir, que algunhas persoas vivirán sen practicamente ningunha manifestación da súa discapacidade, mentres que outras requirirán do apoio de terceiras persoas para a maioría das súas tarefas diarias.

gl_ESGL