Centros de día
Centro de día Navia
O noso centro de día de Navia abre as súas portas en setembro de 2020 cun total de 67 prazas dispoñibles, converténdose nun servizo de estancia diúrna que proporciona unha atención integral ás persoas co obxectivo de conseguir o mellor nivel posible de autonomía persoal. A nosa finalidade é prestar unha atención integral, rehabilitación e convivencia.
No centro de día de Navia, contamos con cinco talleres ocupacionais centrados no desenvolvemento persoal e na inclusión social da persoa mediante o traballo.
- Taller de cestería
- Taller de radio
- Taller de cerámica
- Taller de comunicación e deseño
- Taller artístico.
Ofrecemos tamén, diferentes servizos co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas que acoden ao noso centro de día, sempre tendo como base as necesidades e demandes persoais de cada un deles.
- Servizo de psicoloxía
- Servizo de terapia ocupacional
- Servizo de logopedia
- Servizo de hidroterapia
- Servizo de lecer
- Servizo de enfermería
- Servizo de traballo social
Centro de día e ocupacional Miguel Hernández
O noso centro de atención diúrna, situado na rúa Miguel Hernández, constrúese no ano 1994 co financiamento da Xunta de Galicia e a Fundación ONCE, situándose neste edificio o centro de día e o centro ocupacional.
O centro de atención diúrna dá atención a diario a 48 persoas maiores de 16 anos. Planificamos os obxectivos individuais deseñados no seu programa anual de traballo, nas áreas de formación, autonomía persoal, social e ocupacional, sempre desde un enfoque multidisciplinar no que colaboran todos os profesionais do centro.
Impulsamos a autodeterminación das persoas, para que sexan elas as que tomen cada vez máis as súas propias decisións, e que cos equipos profesionais, poidan intervir no funcionamento e organización do centro dándolles máis protagonismo.
O centro está acreditado para acoller 50 prazas de centro de día e 10 prazas de centro ocupacional, e nel prestamos os servizos que se detallan nos apartado SERVIZOS.
Contamos con servizo de comedor e de transporte adaptado e podes obter máis información dos nosos servizos picando aquí.