Base Social
Socios Numerarios
Temos diferentes tipoloxías de socios, segundo o establecido nos nosos estatutos. Son socios NUMERARIOS, os pais, titores e familiares de persoas con parálise cerebral ou discapacidade afín, que soliciten inscribirse na entidade como tales, e realicen unha achega económica. Actualmente contamos con 80 socios numerarios, cunha antigüidade que detallamos no seguinte gráfico:
Socios Colaboradores
Serán socios COLABORADORES, todas aquelas persoas ou entidades públicas ou privadas que mediante achegas voluntarias en metálico, especie ou servizos, contribúen coa Asociación. Actualmente contamos con 165 socios protectores, cunha permanencia na entidade que presentamos a continuación:
Voluntarios
Os nosos voluntarios colaboran para reforzar distintos servizos e actividades, que realizamos dentro e fóra dos centros da entidade Actualmente contamos cunha base 40 voluntarios que prestan apoios nos diferentes programas da entidade. Achegámosche algúns datos que poden ser de interese:
Antiguidade dos voluntarios
Idade dos voluntarios
Traballadores
Contamos cun persoal medio de entre 45 e 50 traballadores, coa seguinte distribución por sexos, por centros e perfís profesionais: