Scroll to top

APAMP leva a súa arte e creatividade á Fundación Granell a través da exposición “Arte na Rúa”

Presentamoson na Fundación Granell, a exposición “Arte na Rúa”, unha mostra que recolle dúas das intervencións artísticas realizadas pola entidade ao longo dos últimos anos nas rúas da cidade, sempre coa participación activa da cidadanía.

O obxetivo destas intervencións é habitar e utilizar o espazo urbano para crear conexións e favorecer encontros de convivencia entre a cidadanía. A idea é xerar un espazo de arte público, con conciencia social, interactivo, participativo e progresista, convertindo a arte en axente social e como diálogo de realización colectiva. Se pretende dar visibilidade ás diferentes ca­pacidades e perspectivas creativas de numerosos e diversos grupos, dentro da nosa sociedade.

 “Sentada na Rúa”, intervención artística realizada no ano 2024, naceu con dous obxetivos: afastar un obxecto tan común como é unha ca­deira, do seu uso cotiá e darlle así un novo sig­nificado, e por outro rachar co consumismo masivo, coa obsolescencia programada que crea no comprador a necesidade de renovar os produc­tos a pesares de que a súa vida útil non rematara. Todas estas cadeiras teñen unha historia. A historia de cada un dos centros, entidades e colectivos que deron forma a VII Intervención Artística. Historias reais, de superación, que falan da soidade, da braveza, do heroísmo, de momentos tristes e outros de maior ledicia.

Por outra banda, a través de “Enredando na rúa”, intervención artística que a entidade levou a cabo no ano 2019, elaborouse, no Paseo de Alfonso XII de Vigo, unha gran rede de tecido empregando diferentes tipos de materiais,  ferramentas e técnicas. A rede, hoxe exposta na Fundación Granell, alcanzou un tamaño de 5X5 metros. Na súa elaboración participaron máis de setecentas persoas de 28 colectivos diferentes.  O resultado final recobiu o nombre de Aracne.

A exposición permanecerá aberta do martes 23 de setembro ao sábado 11 de outubro na Fundación Granell (Praza Toural, Santiago de Compostela).

Related posts

gl_ESGL