Un ano máis, estivemos presentes no XII Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia ‘Corazón da Artesanía‘ que se celebra do 4 ó 6 de xulio no recinto histórico-artístico dos Pendellos de Agolada (Pontevedra). O encontro é organizado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia (Xunta de Galicia).
A nosa entidade estará presente cun obradoiro de elaboración, exposición e venda de papel artesanal, todos eles elaborados no taller de papel do noso centro de día e ocupación de Miguel Hernánez. Este ano, os produtos destacados serán aqueles elaborados a través da planta do fento.
Agardámosvos! Este ano está previsto que participen 56 artesáns de 26 oficios diferentes, 14 docentes dos diferentes cursos especializados e obradorios abertos, e 33 empresas de productos gourmet, 24 das cales contan co sello de Artesanía Alimentaria.
Corazón de artesanía consolídase como un encontro entre artesáns e profesionais doutras disciplinas -diseñadores, decoradores, chefs, periodistas, representantes de marcas, tendas especializadas…-, favorecendo sinerxias e abrindo novas oportunidades comerciais e de colaboración.
Compartimos un vídeo do proceso de elaboración do Papel Fento.
Programación XII Encuentro Artesanía!
https://apamp.org/wp-content/uploads/2025/06/Programa_Dixital_CorazondaArtesania2025.pdf
