Scroll to top

APAMP, con motivo do Día Internacional da Poesía, inaugura o seu proxecto “Enredadas”

Con motivo de celebración do día Internacional da Poesía, inauguramos o proxecto artístico “Enredadas”, sendo unha homenaxe ás/os compañeiras/os de vida que xa non se atopan con nós pero coas que sempre estaremos entrelazadas.

“Enredadas”, que forma parte do proxecto DIVERSO, consiste nunha creación cerámica que se extende por unha das fachadas da rúa Miguel Hernández. Unha obra elaborada a partires de diferentes versos pertencentes a obra incendiaria da poeta Laura Sam. As/os creadores/as desta instalación cerámica, realizaron a lectura de diversos poemas “In memoriam” dos/as compañeiros/as que formaron parte da familia APAMP.


DIVERSO é un proxecto que ten como finalidade xerar un entorno que destaque pola súa beleza, ó mesmo tempo que crear un espazo de arte e poesía en toda a contorna da rúa Miguel Hernández.

“Enredadas” supón a cuarta” intervención que a entidade realiza nesta rúa, trala instalación “Fora de Encadre”, adicada a poeta Miriam Ferradáns, a elaboración do mural “Malas Herbas” adicado a poeta Pilar Álvarez e a intervención artística “Desbarrando na rúa”, adicada a poeta Nuria Vil.

Related posts

gl_ESGL