Scroll to top

APAMP celebra os Días Europeos da Artesanía con demostracións e obradoiros artesanais

Unha mirada diferente á diversidade da creación artesá!.

Ó obxectivo destas xornadas é acercar e dar a coñecer ó público, diferentes técnicas artesanais que a diario se realizan nos obradoiros artesanais da nosa entidades: cerámica, cestería, papel, encuadernación, textil e artístico.  

Durante toda a semana, dentro o luns 31 de marzo ata o venres 4 de abril, o noso local do “Espazo Rodante” acollerá estas demostracións. Durante unha semana, actividades gratuitas acercarán a visitantes e curiosos de todas as idades, á esfera da creación artesanal. Sete días en torno á artesanía, nos que se mostrarán creacións únicas e compartiremos procedementos de traballo co público.

Demostracións a realizar:

  • Exposición “A casa Rodante e os produtos con alma”. Pequena instalación de papel e mostra dos diferentes oficios d@s artesáns da entidade.
  • Elaboración dunha obra colectiva en tear de alto lizo.   Non é preciso dispoñer de coñecementos previos, e tódolos materiais están incluídos.
  • Demostración de papel artesán.  Os/as compañeir@s do taller de papel traballarán na realización de papel artesán.
  • Demostración de tear de baixo lizo. Realización dunha peza de tecido en tear de Baixo lizo.
  • Demostración de gravado en punta seca. Realización con materiais reciclados, dunha matriz con punta seca, aplicando tintas a auga e posterior estampación do debuxo sobre o papel.
  • Demostración de elaboración dunha libreta artesá. Compañeir@s do taller de encadernación de APAMP, explicarándo cales son os pasos a seguir para elaborar pequenas libretas, de forma totalmente manual.
  • Demostración de cestería tradicional. Elaborando unha gran obra de cestería con lámina de carballo.

Máis información: https://acasarodante.gal/actividades-a-casa-rodante/

Os días Europeos da Artesanía, é unha iniciativa promovida por Fundesarte, a área de promoción da artesanía da Escola de Organización Industrial (EOI), fundación pública e primeira escola de negocios de España, xunto con Oficio y Arte, Organización de los Artesanos de España.

Os Días Europeos da Artesanía teñen a súa orixe en Les Journées Européennes des Métiers d’Art, que organiza en Franciao Institut National des Métiers d’Art (INMA) dende 2002. España sumouse pronto ó proxecto e ambos países son os que presentan un programa de actividades máis extenso. Esta festa se celebra de forma simultánea en diferentes países de toda Europa.

Related posts

gl_ESGL