A intervención tivo lugar o venres 20 de xuño na Porta do Sol de Vigo en horario de 11 a 20 horas!!
APAMP realizou a súa xa tradicional “Intervención Artística na Rúa” co obxectivo de habitar e utilizar o espazo para crear conexións e favorecer encontros de convivencia entre a cidadanía. A idea é xerar un espazo de arte público, con conciencia social, interactivo, participativo e progresista, a través da arte como axente social e como diálogo de realización colectiva. Queremos dar visibilidade ás diferentes capacidades e perspectivas creativas de numerosos e diversos grupos, dentro da nosa sociedade.
A nosa oitava intervención artística “Imaxinando a Rúa” nace con dous obxetivos: por unha banda, concienciar á poboación da importancia de que as cidades sexan respectuosas cos ecosistemas e reflexionar sobre como as accións humanas poden afectar ao libre desenvolvemento da vida natural.
Por outra, mentalizar sobre a necesidade de que os espazos sexan accesibles e inclusivos, involucrando ás persoas no deseño dos espazos que habitan, para aumentar a sensación de pertenza e ampliar os usos que toda a poboación fai dos mesmos; a través da adaptación do espazo público.
Os lugares que habitamos as persoas son o resultado dunha conxunción entre o entorno que a natureza ofrece e como o humano se desenvolve nese espazo. Do mesmo xeito que a natureza determina os usos que se lle outorgan a determinadas localizacións, tamén a acción humana determina como se aproveitan determinados espazos: a través do urbanismo, a arquitectura, o deseño, a enxeñaría, etc.
PROGRAMACIÓN “IMAXINANDO A RÚA”
11:30 horas Inauguración Intervención Artística “Imaxinando a Rúa”
12:00 horas. “Voces de tu ciudad”. Programa en directo desde la Puerta del Sol. Bibiana Villaverde. Radio Voz.
17:00 horas Actuación Su Garrido Pombo
18:00 horas DJ Laia la que no baila
20:00 horas. Cierre Intervención Artística “Imaxinando a Rúa”
Queremos agradecer a colaboración e o traballo de tódalas persoas que fixeron posible “Imaxinando a Rúa”: Aula Hospitalaria do Álvaro Cunqueiro, Fundación Juan Soñador, Provivienda, Asociación ASPANAEX, CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao, CEIP Eduardo Pondal, CEIP Plurilingüe Paraixal, Centro Penitenciario A Lama, CEIP O Sello, CEIP Illas Cíes, Asociación ASPAVI, CEIP Monte Alba, EEI Aragón, Asociación Doa, CEIP Plurilingüe do Carballal, Autismo Vigo, Asociación Alento, Universidad de Vigo, Emaús Fundación Social, Centro Juan María, A Casa Rodante, IES Praia Barraña, Ludoteca Inclusiva e Obradorios artesanais de APAMP.