O pasado mércores, 12 de novembro, representantes da nosa entidade acudían a Santiago para participar na gala de entrega dos premios #ComercioGalego2025. O motivo, a nosa marca de artesanía, A Casa Rodante, era unha das finalistas.
O obxetivo destes premios é recoñercer ós profesionais do comercio e avanzar na súa competitividade dentro do marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030.


A participación nos Premios Comercio Galego 2025 supuxo para A Casa Rodante unha experiencia verdadeiramente enriquecedora. Ser finalistas na categoría Premio Emprende constitúe un recoñecemento ao noso compromiso coa artesanía, coa creación local e co impulso dun comercio galego innovador e sostible.
Agradecemos profundamente a oportunidade de compartir este espazo con todas as marcas seleccionadas e coas persoas que as fan posibles. Foi un orgullo formar parte dunha convocatoria que amosa o talento, a creatividade e a forza do tecido emprendedor de Galicia.