A marca de Artesanía de Galicia A Casa Rodante, impulsada polos creadores e creadoras de APAMP, organiza unha programación especial con motivo dos Días Europeos da Artesanía, que se desenvolverá do 7 ao 11 de abril en distintos espazos da cidade de Vigo.
A iniciativa inclúe xornadas de portas abertas, talleres participativos e actividades formativas co obxectivo de achegar á cidadanía o valor dos oficios artesáns e fomentar a aprendizaxe compartida. Desde a organización destacan tamén a importancia de implicar a centros educativos e profesionais na preservación destas disciplinas tradicionais.
Un percorrido polos oficios artesáns
A programación arrinca os días 7 e 8 de abril cos Talleres Abertos, unha oportunidade para coñecer de primeira man diferentes técnicas artesás como a cerámica, o papel feito a man, o gravado, o téxtil, a encadernación ou a cestería.
Martes 7: Centro de Día e Ocupacional (Rúa Miguel Hernández, 1)
Mércores 8: Centro Residencial (Pedra Seixa, 33)
Estas xornadas permitirán ás persoas asistentes descubrir “a alma dos oficios”, a través dun contacto directo cos procesos creativos e cos propios artesáns.
Obradoiros no Espazo Rodante
A programación complétase con diferentes obradoiros prácticos no Espazo Rodante, situado no Centro Comercial A Laxe, onde o público poderá experimentar coas técnicas artesás:
Gravado: mércores 8, de 16:00 a 20:00 horas
Cestería: xoves 9, de 11:00 a 13:00 horas
Encadernación: xoves 9, de 16:00 a 20:00 horas
Papel artesán: venres 10, de 11:00 a 13:00 horas
Actividades gratuítas con inscrición previa
Todas as actividades son de balde, aínda que contan con aforo limitado. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente a través da páxina web oficial dos Días Europeos da Artesanía.
Desde A Casa Rodante convidan á cidadanía a participar “nun percorrido pola alma dos oficios, onde cada taller é unha oportunidade para observar, tocar e sentir a maxia do traballo feito a man”.
Subscrición taller gravado: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScAa-fxHly48W_PX8lTNUAcx8ijJ8NzCPcMt8-Mvw8Q_HLa5g/viewform
Subscrición taller encuadernación: https://www.diasdelaartesania.es/actividad/taller-de-encadernacion
Subscrición taller elaboración papel: https://www.diasdelaartesania.es/actividad/mostra-elaboracion-de-papel-artesan
Subscrición taller cestería: https://www.diasdelaartesania.es/actividad/taller-de-cesteria-de-lamina
Subscrición talleres abertos Cestería e encadernación: https://www.diasdelaartesania.es/actividad/talleres-abertos-visita-guiada-aos-talleres-artesanais-de-casa-rodante-0
Subscrición talleres abertos Papel, encadernación, Textil e Cerámica: https://www.diasdelaartesania.es/actividad/talleres-abertos-visita-guiada-aos-talleres-artesanais-de-casa-rodante





