Scroll to top

“A Casa Rodante”, inaugura a EXPOSICIÓN “JACK ANDRIANO”:

A marca de artesanía de Galicia “A Casa Rodante”, inaugura o 11 de xaneiro a exposición “JACK ANDRIANO”: unha nova oportunidade para coñecer a un dos artistas máis provocativos da cidade de Vigo.

JACK ANDRIANO, é un artista mexicano residente en Vigo, coñecido no mundo artístico pola súa capacidade de plasmar o mundo que o rodea, segundo a súa perspectiva persoal. Cun estilo mixto e único, aborda temas controvertidos da vida social e crea así obras desafiantes que provocan no espectador o impulso da reflexión.

No evento inaugural, o propio artista -Jack Andriano, baixo a marca comercial “SANTO DIABLO”- nos contará cal é o seu proceso creativo e como consegue traer ao mundo obras tan rupturistas ao tempo que actuais.

Esta mostra estará dispoñible durante o mes de febreiro no “Espazo Rodante”: o local nº7 da planta baixa, o Centro Comercial A Laxe (Vigo); no que ademáis desta, ofrécense outras actividades de carácter formativo e lúdico, que se poden consultar na web www.acasarodante.gal.

Related posts

gl_ESGL