Un ano máis volve a iniciativa Baixo O Mesmo Paraugas e celebramos nada menos que unha década dun movemento que non deixou de medrar. 🎉
Máis de 100 entidades sociais de toda Galicia unidas para conmemorar xuntas o 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 🤝♿
E xa van 10 anos de unidade, visibilidade e defensa dos dereitos das persoas con discapacidade. ✊💙
Desde 2016 pelexamos por unha sociedade máis xusta e igualitaria, unha sociedade diversa onde todas as persoas teñen moito que aportar. 🌈
Non perdas detalle do que temos preparado! Contamos contigo! 🙌✨
Este ano, o mércores 3 de decembro, haberá marchas con paraugas en moitas cidades e vilas de Galicia, enchendo as rúas de cor, reivindicación e comunidade. 🌂💙
🗓️ Toma nota:

• 📍 Vigo ás 11:00 h xunto ao Edificio da Xunta de Galicia (inclúe marcha)
• 📍 A Coruña ás 11:30 h no Parrote (inclúe marcha)
• 📍 Lugo ás 12:00 h na Praza Maior (inclúe marcha)
• 📍 Ourense ás 11:30 h no Parque de San Lázaro (inclúe marcha)
• 📍 Pontevedra ás 12:00 h na Praza da Peregrina
• 📍 Santiago de Compostela ás 12:00 h na Praza do Obradoiro
• 📍 Cee ás 12:00 h na Praza 8 de Marzo
• 📍 Ribeira ás 10:30 h na Praza de España (inclúe marcha)
• 📍 Porto do Son ás 10:30 h no Porto (inclúe marcha)
• 📍 A Pobra do Caramiñal ás 10:30 h na Praza do Museo de Valle Inclán (inclúe marcha)
✨ Dez anos despois, seguimos xuntas e xuntos Baixo O Mesmo Paraugas, facendo forza pola inclusión real. 🤝🌈
PROGRAMACIÓN DÍA MUNDIAL DISCAPACIDADE-3 DECEMBRO- EDICICIO XUNTA A CENTRO COMERCIAL A LAXE
- 11:00 horas: Inicio Marcha Paraguas. Recorrido: Xunta de Galicia ata o nadador ubicado preto do Centro Comercial A Laxe.
- 11:30 horas. Benvida
- 11:45 horas: Lectura Manifesto.
- 11:55 horas: Desfile Paraugas customizado.
- 12:20 horas: Actuación Mago Cali.
- 13:00 horas. Fin Acto DMD