A Casa Rodante inaugura este xoves, 7 de marzo, a exposición de cerámica e ilustración de CAVALINHO DO DEMO.
Paula Pereira (Soutomaior, 1986), graduouse en Belas Artes pola facultade de Pontevedra no ano 2010 e dende o 2011, leva adiante a súa marca. Nela, combina a súa labor de artesá con numerosas actividades artísticas e creativas e presenta agora unha nova exposición no local 7 da planta baixa do Centro Comercial A Laxe.
O evento inaugural terá lugar o xoves 7 de marzo, a partir das 19:30h e a exposición estará dispoñible ata o mes de abril.
Esta actividade é de balde, e agradecemos se nos confirmas a túa asistencia en:
- hola@acasarodante.gal ou no teléfono 698174724