Scroll to top

Centros Residenciais

Navia

No centro residencial, situado na rúa Pedra Seixa de Navia e en funcionamento desde o ano 2010, ofrecemos un servizo especializado de convivencia, temporal ou permanente, cuxo obxectivo é ofrecer unha vida o máis normalizada posible aos homes e mulleres que precisen dunha atención integral, continuada, persoal e multidisciplinar, que por razóns sociais, familiares ou laborais-ocupacionais teñen dificultades para a súa permanencia no medio familiar.

O centro conta con 46 prazas de residencia, ocupadas na súa totalidade, estando dispoñible unicamente unha praza de estancia temporal.

O centro divídese en tres plantas, denominadas unidades de convivencia de entre 14 e 16 persoas por unidade, cun equipo de traballo especializado e un responsable por planta.

  • Enfermería
  • Servizo de lecer
  • S. asistencial
  • Comedor
  • Servizo de mantemento
  • Servizo de limpeza e lavandería

Camelias

No centro residencial Camelias prestamos o servizo de Respiro Familiar desde ao ano 2022. Este servizo pretende “ofrecer ao coidador/a habitual a posibilidade de dispoñer duns días para o seu descanso, a súa vida social, familiar e de lecer ou para liquidar situacións de emerxencia que se lle presenten, mentres que a persoa á que coidamos é atendida adecuadamente e por profesionais especializados.

Prestamos o servizo durante as fins de semana, de venres ás 17h da tarde ata o luns ás 10.00h, ofertando entre 4-5 prazas en cada quenda @teniendo en cuenta os apoios que se necesiten.

Este servizo está dispoñible para os nenos e nenas do centro de atención infantil (CAI) e os homes e mulleres de Apamp. No caso de dispoñer de prazas libres, poden ser ocupadas por outras persoas con parálise cerebral ou discapacidades afíns que o soliciten e non pertenzan á asociación.

Ademais do servizo de respiro familiar, dispoñemos dunha praza de Estancia TEMPORAL / EMERXENCIA que se presta no noso centro residencial de Navia. A estancia terá unha duración máxima de 15 días (14 noites) e poderase prorrogar en circunstancias excepcionais, cun máximo de 45 días ao ano. Se a estancia é debida a unha emerxencia pódese alongar ata un máximo de 3/6 meses.

Ofertamos de media 120 servizos de respiro familiar ao ano.

gl_ESGL