Actualidad > Noticias 

Actualidad

 
Boletín
 

Mantente informado/a

Recibe nuestro boletín

Más info  

 

Noticias 

APAMP celebra a súa II intervención Artística Urbana
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

16/05/2018

Será o xoves 7 de xuño no paseo de Alfonso XII

No 2017, APAMP realizou a súa primeira intervención artística urbana na praza ubicada no paseo de Alfonso XII.
A proposta baseabase en facer florecer as rúas da nosa cidade e enchelas de cor, polo que se colocaron estructuras elaboradas con canas de bambú simulando árbores e sobre as cales a xente ía ensamblando tubos de cartón reciclados
que con anterioridade foron pintados de diferentes maneiras. Desta forma, fixemos florecer as árbores ocasionando unha gran festa artística urbana.

Nesta intervención artística participaron preto de 300 persoas..

Neste 2018, a nosa proposta artística “Desbarrando na rúa” terá lugar o xoves 7 de xuño na praza ubicada no paseo de Alfonso XII.

Queremos conseguir unha xornada de convivencia coa cidadanía coa finalidade de crear unha obra artística colectiva para embelecer a cidade e derrubar á barreira da discapacidade que nos separa do resto dos cidadáns.

Ímos realizar un mural cerámico colectivo de temática libre no que poderán participar todos os cidandans de Vigo. O mural terá unha dimensión entre oito e dez metros de largo por metro e medio.

Un gran mural que, despois de pasar polo forno, será colocado nun espazo público da cidade.

Será unha xornada lúdica a cal convidaremos a participar a distintos artistas da cidade, colectivos, centros educativos, asociacións e a cidadanía en xeral.

Programación do acto (ininterrumpidamente)

11:00 Inicio da actividade
12:00: Actuación Grupo Alfeizar
17:00: Performance
18:00: Actuacións Musicais dos grupos “Karla Lima y Diego” e “ Vero Coronel”
20:00: Fin da actividade


Coa Colaboración de:

 

Archivada en: