Actualidad > Noticias 

Actualidad

A CASA RODANTE
 
Boletín
 

Mantente informado/a

Recibe nuestro boletín

Más info  

 

VOLUNTARIADO APAMP

Noticias 

90 entidades sociais galegas abren os seus paraugas a favor das persoas con discapacidade
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

01/12/2021

 APAMP e Alento, conmemoran este 3 de decembro, día das personas con discapacidade, coa lectura conxunta dun manifestó e outras actividades.

Un ano máis, e xa van seis edicións, chega a iniciativa “Baixo O Mesmo Paraugas”, que este venres 3 de decembro unirá a preto de 90 entidades sociais de toda Galicia para celebrar de forma conxunta o Día Mundial das Persoas con Discapacidade.

As persoas con discapacidade e as entidades animamos á cidadanía a unirse á campaña virtual “Baixo o mesmo paraugas”. Por iso, pedimos á cidadanía a facerse unha foto o día 3 abrindo un paraugas, cunha mensaxe positiva e subila ás redes sociais cos hashtag #ParaugasPolaDiscapacidade e #BaixoOMesmoParaugas e etiquetando ao colectivo, @galiciadiversa e todas as persoas que se queiran sumar para extender a cadea.

Ademáis da campaña virtual, APAMP levou a cabo diversas actividades de sensibilización ó longo de toda a semana. Exhicións de boccia e slalon no CEIP Plurilingüe Tirán de Moaña, un programa de radio conxunto cos alumnos do CEIP Plurilingüe Santa Mariña de Cabral e unha intervención artística de paraugas customizados que se pode ver na entrada dos seus tres centros e na que tamén colaboraron alumnos do CEIP Alfonso R.Castelao, alumnos do CEIP Pintor Laxeiro e compañeir@s de Alento. (foto adxunta). O IES Alexandre Bóveda contará cunha exposición de “Ayudas técnicas para personas con discapacidad” do 2 o 10 de decembro.

O 3 de decembro, conmemoraremos o día internacional das persoas con dispacidade, coa lectura dun manifestó (adxunto) elaborado polos hombres e mulleres con discapacidade. A lectura terá lugar ás 12:00 horas na entrada do centro de día (Rúa Miguel Hernández, 1) e na entrada do centro residencial (Pedra Seixa, 33) xunto a compañeir@s de Alento e alumnos do CEIP Pintor Laxeiro respectivamente. Tamén realizaremos una exhibición de boccia e slamon no CEIP Fonte Escura ás 12:00 horas.

Máis información sobre a iniciativa “Baixo o mesmo paraugas”: https://www.facebook.com/galiciadiversa

 

Archivada en:

Actualidad > Noticias

MATERIALES RELACIONADOS
Noticias
Noticias por Fecha